13 nov 2011

Ud Barbadás B 2 - 2 Cd Allariz


Partido con moita intensidade por ámbolos dous conxuntos, donde o noso equipo desplegou un xogo fluido tendo a posesión do balón durante toda a primeira parte a pesares de que fumos ó descanso perdendo por 1-0 gol conseguido nunha desafortunada xogada a balón parado donde unha falta lanzada por Dani Lorenzo na frontal do area pasa polo medio da barreira descolocando o xuvenil Jony Barco que debutaba como titular co primeiro equipo. Despois do gol, poido empatar o Allariz que por mediacion de O capi Paco, mandou un trallazo dende 35 metros que estourou no longueiro da porta do Barbadas B. Máis tarde, era Pek quen só diante da meta perdoou unha ocasión inmillorable para porse por diante.
Na segunda parte o equipo saiu con intención de dar volta o marcador, o xogo seguia con moita intensidade principalmente por parte de Coello, Beto e Paco que seguían creando ocasións claras de gol pero sin concretar a finalización. Nun despiste defensivo voltou o filial a porse por diante , mais de novo o Allariz conseguiu empatar o encontro, e nos derradeiros minutos facerse dono do partido con inumerables ocasións que cando xa se cantaba o gol o balón saia fora por milimetros. Juan Gallego autor dos goles, e brilaron todos os xogadores en xeral, pelexando ata o final todos os balóns como non podía ser doutra maneira.
Xogaron: J.Barco-Corbi-Yago-Maxi-Lochi-Coello- Pek-Sergio-J.Gallego-Paco e Beto, tamen sairon Juli (expulsado por duas amarelas),Iker, Eze. Tarxetas amarelas para Corbi, Eze.
En conclusión, un bo encontro contra un rival que ten millorado moito nas derradeiras xornadas e un C.D. Allariz que se quedou as portas de sumar os tres puntos, esperemos cumplilo a proxima seman no derbi contra o Taboadela.
Fonte:Cd Allariz

0 comentario(s):

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...