15 jun 2011

Preparación da final

Xa temos data e hora para a gran final da Copa Deputación en O Couto ante o Verín. Será este domingo, día 19, ás 18:30 horas.
Asi que toda a afección se vaia preparando para encher ás gradas e animar ó noso equipo. Facemos un chamamento para que a xente que asista á final, leve a pañoleta vermella da festa do Boi xunto coas bufandas e as camisetas conmemorativas da final que se porán a venda en breve en diversos locais da vila.

- Xa están á venta as entradas para a gran final do domingo, pódense adquirir nos seguintes locais da vila:
  • Bar Novo
  • Bar Recuncho
  • Deportes Andainas
  • Hostal-Restaurante Alarico
  • Baiuca
- A directiva informa que mañá os afeccionados xa poderán mercar a camiseta conmemorativa da final polo prezo de 5 €. Informarase en breve de onde se porán a venta.
- O clube porá para os rapaces da escola deportiva autobuses que sairán ás 5 da tarde dende a estación de buses.

0 comentario(s):

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...