Reparto de puntos nun partido disputado cun Xunqueira ben colocado e creando peligro sobre todo a balón parado, xa fose en saques de banda á área, corners e faltas próximas á porta de Pablo. E sería asi, nunha falta na fronta do área onde o Xunqueira lograría adiantarse no marcador pero case rematando a primeira parte, Xoel lograría o empate logo de recoller o balón na frontal, amagar o tiro e cruzando o balón onde nada poido facer o porteiro visitante.
Na segunda parte, máis do mesmo, moita disputa por ter o control, algunha que outra ocasión con boas intervencións dos dous porteiros e sería, novamente, o Xunqueira quen se volvería a adiantar no marcador logo dun centro dende a banda cun moi bo remate de primeiras onde nada poido facer Pablo. O Allariz votouse ó ataque e o Xunqueira a esperar e saír nunha contra e cando todo parecía que os tres puntos íbanse ir, na derradeira xogada do encontro, nunha falta lateral, Moncho remataría de cabeza enviando o balón ó fondo da rede.
Empate xusto nun encontro que tivo moita afluencia de xente e que transcurreu con deportividade.
0 comentario(s):
Publicar un comentario