Partido onde o resumen sería un querer e non poder. Un equipo visitante que se encontrou co gol e unha expulsión na mesma xogada e que despois se limitou a manter o resultado, demasiado premio. Unha primeira parte onde os dous equipos a penas tiñan ocasións, e onde quedou sentenciado no minuto 30 xa que unha falta de Antón por man, o árbitro sacaríalle cartón amarelo e tralas protestas deste, un segundo cartón amarelo o que supuña vermella e deixar o equipo cun home menos o resto do partido. Pero, nesa mesma falta, os visitantes lograron adiantarse. Con ese resultado chegaría o descanso.
Na segunda parte, un monólogo dos nosos, o Vilamarín a esperar e o Allariz a levar o peso do partido, con algunha que outra ocasión pero era máis corazón que xogo. A ocasión máis clara sería un penalti a favor nosa que Juan Gallego tirou pero que o porteiro visitante acertou o lanzamento e logrou paralo. A partir de ahi, perdas de tempo, precipitacións, expulsións por parte do equipo visitante pero, ó final, os 3 puntos marcharon de O Seixo.
O susto do partido foi por parte do dianteiro do Vilamarín que tras chocar con Kote nun balón dividido polo aire, caeu quedando medio inconsciente pondo o susto entre todos os asistentes no campo. Logo duns minutos, o xogador recobraría a consciencia e sairía do campo por seu propio pé.
0 comentario(s):
Publicar un comentario