Partido dominado de principio a fin polos nosos e así quedou reflexado no marcador final. Unha primeira parte, onde se chegou o descanso con 1 a 0 no marcador cun magnífico gol de Pek tras un saque de esquina, o balón saldría despexado hacia un lateral da área e Pek tal e como viña ca súa perna esquerda enviaría o balón ó fondo da portería. Xa antes, os nosos terían numerosas ocasións e ata un gol anulado a Juan Gallego moi protestado polos nosos logo que de o porteiro non dera atallado o balón e Juan, sempre atento, golpease o balón pero o arbitro pitaría falta ó porteiro.
Xa na segunda parte, o equipo de Sotelo seguía na mesma tónica, movendo moi ben o balón de lado a lado, atacando, finalizando sen apenas traballo atrás e asi irían chegando os goles a falta de 20 minutos para o final. O 2 a 0 sería obra do pichichi da categoría, Juan Gallego, logo dunha contra rapidísima levada por Sergio que vería perfectamente o desmarque de Juan o cal non perdona. Co 2 a 0 a favor, os visitantes terían algunha oportunidade logrando o seu gol pero dous goles máis dos nosos obra de Juli que saría na segunda parte e outra vez de Juan Gallego porían o 4 a 1 final no marcador.
Unha nova victoria importante que nos coloca 6ª na clasificación a 5 puntos dos postos de ascenso, o que nos permite seguir soñando. O próximo partido o equipo viaxará a Xinzo para enfrontarse ó Antela.
Goles de Pek, Juan Gallego 2 y Juli
2 comentario(s):
toma!!!
que si que si ese allariz que si que si
Publicar un comentario