O fútbol foi xusto en O Seixo, ese sería o titular logo do visto na tarde de onte entre dous equipos onde un, o Allariz, quería levarse os 3 puntos, e o outro, o Nogueira, que veu a intentar non perder.
En líneas xerais, foi un partido aburrido onde os nosos levaban o tempo do partido en todo momento, tendo controlada a situación ante un Nogueira que se limitaba a esperar no seu campo e a ver si lles caía algunha.
A primeira parte rematou con 0-0 sen apenas ocasións, igual pódese destacar algunha acción por banda de Sergio e un tiro de Xotas dende a frontal que o porteiro visitante salvou moi ben cando xa parecía que ía dentro.
Na segunda parte, máis do mesmo, o Allariz dominando e o Nogueira esperando a súa oportunidad. Aínda que o Allariz dominaba a situación as ocasións seguían sendo escasas. Pasaban os minutos e todo parecía que se remataría o partido co mesmo resultado que no inicio pero, foi o equipo visitando cando a oportunidade que estivo esperando lle chegou no minuto 86 tras un tiro dende a frontal e, cando todos comentaban gol, apareceu a mán prodixiosa de Kote cando o balón se colaba pola escuadra. Pero, aínda quedaba unha nova oportunidade, esta vez sería nosa, dende o borde da área, á parte esquerda do porteiro visitante, perfecta para un zurdo e, alí estaba Iago, colocou o balón, colleu os seus pasos, esperou que pitase o árbitro, goleo balón e GOOOL... o balón colouse pola escuadra do porteiro que nada poido facer, era o minuto 92 de partido e tres puntos que se quedaban na casa. Xusto triunfo e moral para o equipo que contaba con baixas importantes.
6 comentario(s):
chupi guay
CARLOS¡dimison
quen dixo eso que se vaya preparando
eso o carlos e un crack
quen dixo o de dimsion?
quen puxo o do crack e carlos
xa sei quen foi que se vaya preparando
Publicar un comentario