20 feb 2011

Antela Cf 1 - 2 Cd Allariz

Presente e futuro . Paco e Iker foron os goleadores dun equipo que loitou ata o límite no pesado campo da Moreira. A primeira parte foi excelente e poideron chegar varios goles que foron errados, unhas veces polo mal estado do campo, outras polas propias imprecisións e outras polo desconcerto sembrado por árbitro e axudantes con decisións un tanto extranas. O gol da primeira parte sería obra de Paco ao rematar de cabeza un saque de esquina. Antes o Antela lograría o seu tanto nunha contra na que un centro dende a esquerda foi rematado por un dianteiro local que se atopada só dentro da área. O Allariz foi moi superior nestre tramo pero non logrou plasmalo no marcador. Co pitido final unha agresión con balón dun xogador do Antela sobre Coello terminaría cos dous xogadores expulsados.
Na segunda metade o equipo estaba moi cansado e os ataques volvéronse mais lentos, destacando nesta fase a nosa defensa contrarrestando os ataques limiaos. Tralos trocos Juli pasou a xogar de interior e Iker en ataque. E entre eles dous artellaron a xogada da victoria : pase ó espazo de libre de Juli e Iker cruza á dereita do porteiro. Estallido de xúbilo na grada, poblada de afeccionados e familiares dos xogadores, e sobre todo duns animosos rapaces da Brigada Alaricana que cos seus bombos, bocinas e cánticos déronlle un ambiente futbolero a este partido de Liga.
Sotelo puxo en xogo a :
Kote, Juli, Iago, Antón, Bernardo, Coello, Sergio, Pek, Pablo González, Paco e Juan Gallego. Tamén xogadon Miguel, Iker, Rodrigo e Corbi.

1 comentario(s):

Anónimo dijo...

capullin o 7 que se puxo farruco

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...