16 ene 2011

Francelos Fc 1 - 0 Cd Allariz


Partido gris igual que o tempo. Ainda que o resultado mais xusto sería o empate, o equipo careceu da agresividade necesaria para impoñerse ó colista. Houbo algunha ocasión clara, especialmente un tiro ao longueiro de Sergio, pero sería o Francelos o que marcaría de penalty. Un penalty innecesario que propiciu a victoria do equipo local nun partido no que non tirou ningún disparo entre os tres paus. E a tarde gris do equipo transformouse en negra cando o árbitro sinalaba un penalty a favor do Allariz no minuto 90. O lanzamento de Iago foi detido polo cancerbeiro do Francelos.
Segunda derrota consecutiva no arranque do ano.
Agardemos unha maior ambición para recibir o Melias.

0 comentario(s):

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...