Partido con dominio alterno. Comezou ben o Melias pero a medida que pasaron os minutos o partido foise igualando e non houbo un dominador claro do xogo. As ocasións escasearon en ambas porterías e a mellor do primeiro tempo foi un pase de Juan Gallego a Pek que case o deixaba só diante do porteiro aínda que se atopaba fóra da área, o seu disparo colocado rexeitouno a córner o cancerbeiro visitante.
Na segunda metade C.D.Allariz fíxose co control do xogo, Paco e Eze conseguiron gañar a partida en medio campo e conectar coa xente de arriba polo que comezaron a chegar boas ocasións. No 55 de xogo, un centro de Juli desde a dereita rematouno en prancha Juan Gallego logo de entrar perfectamente rompendo o fóra de xogo. E no 63, un penalti cometido sobre Juan Gallego sería convertido por el mesmo no 2 a 0 definitivo.
Os últimos 10 minutos foron de dominio visitante pero Kote non tivo que intervir polo que o equipo gañou con solvencia a un Melias do que se agardaba máis
1 comentario(s):
beeeeeeen
Publicar un comentario