12 dic 2010

Ramiranes Cd 1 - 0 Cd Allariz

Derrota na visita a Ramirás que non deben facer mella na moral do equipo. Controlou ben o xogo, dominou o partido tanto na primeira parte como na segunda , pero 5 minutos "tontos" antes de chegar ao descanso propiciaron a derrota.
Ata ise intre o Allariz defendeu ben, trenzou perfectamente as xogadas dende o medio campo e rematou 4 veces na portería rival.
Pero entre o minuto 40 e o 45, inexplicablemente o Ramirás arrinconounas na area e poido meter outro gol de non ser pola parada prodixiosa que fixo Kote. Logo chegaría o gol, a expulsión e......afortunadamente o descanso.
Na segunda metade, ainda con 10, mais do mesmo. Volta a dominar o encontro. Desta volta tocoulle a Paco baixar a medio campo e coller as rendas do equipo. O Ramirás replegouse agardando ás contras que , a pesar dos riscos , foron sempre perfectamente controladas por Antón, Berni, Barreiros e Corbi.
Seguiuse intentando ata o remate do partido pero desta vez o balón non quixo entrar.
Agardemos que sí o faga o domingo, a partir das 16.00 h , fronte ao Valenzá (segundo clasificado)

0 comentario(s):

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...