19 dic 2010

Cd Allariz 3 - 1 Sd Valenzá

Tarde fría no Seixo na que C.D.Allariz saíu ben parado logo dunha primeira metade mala.
 A Valenza comezou con un ritmo alto e creando moito perigo cun fútbol moi directo. Entre a calidade de Adolfo e a movilidade do número 9 desequilibraron varias veces a defensa que parecía flaquear e de feito adiantaríase no marcador. A lesión de Antón no 20 de xogo non facilitou as cousas. O equipo non trenzaba ningunha xogada nin tirou por porta en todo o primeiro tempo.
 Na segunda metade a pesar de que o xogo non mellorou, si é certo que o Allariz saíu con outra actitude. A pillería de Iker foi clave no 65 de xogo provocando a segunda amarela para un central da Valenzá. O Allariz aproveitouse da situación e veuse arriba. Aos poucos minutos Juan Gallego aproveitaba un rexeite dentro da área pequena e poñía o empate que aínda animou máis o equipo que se aproveitou a banda de Sergio para crear moito perigo.
 Na saída dun córner Sergio tocaba o xusto para que o balón chegase no segundo pau de novo a Juan Gallego para que remachara e puxera o 2 a 1 que daba tranquilidade ao equipo que sen embargo seguiu atacando. Antes do 80 de xogo un erro no despexe permitiu de novo o goleador Juan Gallego aproveitarse e poñer o 3 a 1 definitivo.
 Como non, ovación para o goleador alaricano e tres puntos para o equipo que fará que se coloquen nunha boa posición antes do parón navideño.

0 comentario(s):

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...