8 dic 2010

1/8 Noguiera de Ramuín 1-2 Cd Allariz

Goles de:Paco e Juan Gallego
Por fin acabamos coa mala racha na Copa. Tras moitos anos caendo na primeira eliminatoria poidemos pasar a cuartos de final.
Pero o mellor é a imaxe que está deixando o equipo. Da impresión de ter un bloque ben formado, no calquera dos dezaseis convocados pode rendir ao mesmo nivel, cun adestrador tomando acertadas decisións e no que os pesos pesados están marcando diferencias que fan que o traballo do grupo luzca e se traduza en goles e puntos.
Hoxe en Luintra, nin siquera o temperán gol local, conseguido ao cabecear un saque de esquina no 2º minuto de partido, mermou a confianza do equipo nin alterou o plantexamento.
Os xogadores que saltaron ao campo tomaron o mando do partido, que só parecía verse alterado co xogo corpo a corpo que pretendía o dianteiro centro local e que foi frenado con contundencia pola nosa defensa. Unha tarxeta e o gol de cabeza de Juan Gallego, que rematou un centro dende a dereita de Paco, enfriaron definitivamente ao xogador rival con mais movilidade.
Na segunda metade o partido quedou definitivamente sentenciado. Juan encarou a defensa rival polo centro e deu un pase en profundidade para que Paco rompera o fora de xogo e cruzara ao pao dereito ante a saida do porteiro.
O paso a cuartos estaba garantido.
Agora agardar que se manteña a racha nos dous partidos que restan para acabar o ano e desexar unha pronta recuperación para Rodrigo e Pablo González.
Alineación de C.D.Allariz : Pablo, Corbi, Barreiros, Antón, Bernardo, Pek (Sergio), Pablo Coello (Iker), Eze, Iago (Julián), Paco e Juan Gallego.

1 comentario(s):

Anónimo dijo...

Bua que ben estamos¡¡¡
Todo esto é grazas a Brigada,por que antes estabamos fatal pero agora levamos unha mio boa racha

Publicar un comentario

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...