Terceira victoria consecutiva e merecida. Nun contundente arranque o Allariz dispuxo de 3 clarísimas ocasións de gol que non se poideron materializar. E, como ocorre a miudo, A Ponte nun balón solto na area adiantouse no marcador. Pero o equipo non perdeu a cara do partido e seguiu levando a iniciativa coa mesma solidez dos últimos partidos. Sin fisuras nin erros graves en defensa, un mediocampo traballador e combinativo e, ao igual que en Vilamarín, dous dianteiros que fan temblar a calquera defensa. A movilidade de Paco e Juan, xunto coas incorporacións de Sergio e Pek creaba continuas xogadas de perigo que non se poideron materializar ata o final da primeira parte. No minuto 44 un saque de esquina sacado por Pablo Coello era rematado de cabeza no segundo pao por Juan Gallego.
Tranquilidade para afrontar a segunda metade.
Este segundo período foi mais igualado, ainda que Kote apenas tivo traballo . ¿e quen o desequilibrou?..."PACO".
E para lecer dos afeccionados alaricanos presentes, obsequiunos cunha desas obras de arte que de cando en vez surden do pincel das suas botas. Enganchou un centro ao segundo pao de media chilena que entrou pegado polo lado esquerdo da portería.
Agora que siga a unidade e ilusión do grupo para superar ao Polígono.
Goles:Juan Gallego e Paco
0 comentario(s):
Publicar un comentario