¡¡¡ Por fin !!! Xa era hora de vivir un partido competitivo de principio a fin. Cando nos primeiros minutos vimos a Sergio desbordar hasta tres veces seguidas aos seus marcadores cos seus cambios de velocidade habituais, e últimamente escasos, intuimos que este partido ía ser diferente. Todo o equipo dende Kote ata Locho xogou un partido serio e cun nivel propio das primeiras posicións da taboa. Sobriedade na portería, seguridade defensiva, dous medioscentros ben posicionados (Rodrigo e Coello), interiores incisivos (Pek e Sergio) e dous dianteiros con oficio e gol (Paco e Juan). Todo o necesario para facer o mellor partido da tempada, nun escenario encharcado e coa peor climatoloxía posible. Os cambios (Miguel, Iker e Locho) tamén aportaron a súa parte para que o equipo mantivera a intensidade ata o minuto 90, no que unha fermosa xogada combinativa de todo o equipo era rematada por Coello redondeando un resultado xusto.
Agora desexar que se manteña esta liña de xogo e aptitude para que a afección de Allariz poida disfrutar do fútbol que este equipo pode facer.
Goles:Paco,Sergio,Juan Gallego,Pablo Coello
6 comentario(s):
toma xa saimos do descenso¡¡¡¡¡¡
que buenos somos y que culito tenemos
si¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡Xa saimos do descenso xa era ora¡¡¡
quen dixo eso me lo cargo
menos mal alfin xd
ui me lo cargo¡¡¡¡¡
Publicar un comentario